# FutbolinGalicia ## Posts - [Manu Martínez, Atlántida de Matamá: «Volver a Preferente sería moi bonito»](https://futbolingalicia.es/2025/10/11/entrevista-manu-martinez-atlantida-matama/): O Atlántida de Matamá converteuse no gran protagonista do grupo 6 de Primeira Galicia. O conxunto vigués suma cinco vitorias en cinco partidos, situándose como líder invicto e demostrando un nivel competitivo altísimo tanto en ataque como en defensa. Un dos nomes propios deste excelente inicio é o do seu goleador, Manu Martínez, que leva sete tantos en cinco xornadas. O futbolista analiza neste diálogo as claves do rendemento do equipo, a súa boa racha persoal e a ilusión dun vestiario que soña con devolver o Matamá á Preferente. Futbolingalicia: ⁠⁠O Atlántida de Matamá é o líder absoluto do grupo […] - [Experiencia inesquecible nun campo de Europa League](https://futbolingalicia.es/2025/10/10/partido-lumes/): Xogadores de Primeira Futgal nun escenario de primeiro nivel - [Xornada para a reflexión en Segunda RFEF](https://futbolingalicia.es/2025/10/09/xornada-para-a-reflexion-en-segunda-rfef/): Os equipos galegos perden na última xornada - [Festival de goles no grupo 5 de 1ª Futgal](https://futbolingalicia.es/2025/10/08/festival-de-goles-no-grupo-5-de-1a-futgal/): Esta fin de semana pasada estivo repleta de goles no grupo 5 da Primeira Futgal, rozando os catro de media por encontro - [Vota polo teu favorito entre os Diferenciais da xornada 5 da Primeira](https://futbolingalicia.es/2025/10/08/vota-polo-teu-favorito-entre-os-diferenciais-da-xornada-5-da-primeira/): A sección 'Os Diferenciais' publícase os luns e os martes - [Os Diferenciais marcan o camiño na Primeira Futgal (Parte 2)](https://futbolingalicia.es/2025/10/07/os-diferenciais-marcan-o-camino-na-primeira-futgal-parte-2/): Os grupos ao sur da nosa comunidade tamén tiveron auténticos partidazos. Continuamos a repasar a xornada facendo fincapé nas estrelas dunha categoría tan igualada como competida. Chegan os Diferenciais da Primeira Futgal. O ascenso vaise vender caro No grupo 4 son varios os equipos na terna polo ascenso. Unha realidade futbolística que promete grandes emocións e unha loita encarnizada polos primeiros postos. O Sporting Carballiño súmase a estes conxuntos logo de vencer ao Velle por 3 goles a 2. Non foi doado sacar os tres puntos do partido, pois os de Anxo Valcárcel controlaron con dous goles a primeira media […] - [Os Diferenciais marcan o camiño na Primeira Futgal](https://futbolingalicia.es/2025/10/06/os-diferenciais-marcan-o-camino-na-primeira-futgal/): A fin de semana deixou unha nova xornada ateigada de goles. E é que a Primeira Futgal non deixa indiferente a ninguén, e menos os seus Diferenciais. Velaí vai un repaso desta quinta data de competición coas actuacións máis destacadas das súas estrelas. A festa do gol Na Coruña tivo lugar un festival de goles e, sobre todo, sorpresas. Polo momento, non hai equipo que consiga establecerse na cabeza do competitivo grupo 1. O Antigo Leyma viviu unha tarde tola co enfrontamento entre Oza Xuvenil e Olímpico. Ambos equipos ofreceron unha auténtica exhibición de fútbol que se saldou con vitoria […] - [A Sarriana vence na Ribela ao histórico Numancia](https://futbolingalicia.es/2025/10/05/a-sarriana-vence-na-ribela-ao-historico-numancia/): O conxunto dirixido por Iván Carril logrou remontar o encontro nunha Ribela ateigada e que acabou ovacionando ao seus - [Alex Carramal, Campo Lameiro CD: «O verdadeiro desafío é manter este nivel todo o ano»](https://futbolingalicia.es/2025/10/04/entrevista-alex-carramal-campo-lameiro/): O Campo Lameiro CD converteuse nun dos grandes protagonistas do grupo 5 de Primeira Galicia. O conxunto da Chanciña suma 12 puntos de 12 posibles, cun balance de 16 goles a favor e só un en contra, liderando a competición con paso firme e facendo soñar á súa afección cun posible ascenso a Preferente. Un dos nomes propios deste arranque é o de Alex Carramal. O dianteiro, que leva tres goles en catro xornadas, analiza neste entrevista o bo momento do equipo, a chegada do novo corpo técnico e os retos dunha tempada na que os verdes queren facer historia. […] - [As redes fantasían cun encontro de Copa do Rei entre o Negreira e o Barça](https://futbolingalicia.es/2025/10/03/negreira-copa/): Pola coincidencia co apelido do exvicepresidente dos árbitros - [Vota polo teu Top 3 da Terceira RFEF de setembro](https://futbolingalicia.es/2025/10/02/vota-polo-teu-top-3-da-terceira-rfef-de-setembro/): Repasamos a primeira xornada da Primeira Galega - [Os Vintage: Evaristo Lareo Arias](https://futbolingalicia.es/2025/10/01/os-vintage-evaristo-lareo-arias/): Evaristo é unha auténtica lenda do fútbol rexional autonómico tras máis de catro décadas xogando pola nosa xeografía - [Vota polo teu favorito entre os Diferenciais da xornada 4 da Primeira](https://futbolingalicia.es/2025/10/01/xornada-4/): A sección 'Os Diferenciais' publícase os luns e os martes - [Os Diferenciais poñen o peche ao primeiro mes de competición na Primeira Futgal (Parte 2)](https://futbolingalicia.es/2025/09/30/os-diferenciais-ponen-o-peche-ao-primeiro-mes-de-competicion-na-primeira-futgal-parte-2/): Tamén houbo emoción, goles e moito fútbol ao sur de Galicia. Ninguén quere quedar atrás neste inicio de temporada no que os equipos xa están a botar man dos seus mellores peloteiros. Se non foi suficiente coa quenda de onte, velaí vai outra ronda dos Diferenciais da Primeira Futgal. Relaxarse non é unha opción Tesón e perseveranza ata o final. O grupo ourensán promete unha liga entretida, onde a diferenza de puntos é mínima entre os equipos das zonas nobres e os das máis baixas. Aínda así segue a haber partidos con goles a esgalla. Como por exemplo no Marco, […] - [Os Diferenciais poñen o peche ao primeiro mes de competición na Primeira Futgal](https://futbolingalicia.es/2025/09/29/os-diferenciais-ponen-o-peche-ao-primeiro-mes-de-competicion-na-primeira-futgal/): Remata setembro e con el este primeiro mes de competición na Primeira Futgal. Os planteis xa perfilan os seus obxectivos, cuxa consecución dependerá en gran medida dos Diferenciais nesta categoría. Así pois, damos comezo ao repaso do máis destacado da xornada. Derrotas para os líderes Caen os líderes e o grupo 1 ponse patas arriba. A fin de semana deixou grandes cambios na táboa clasificatoria, que promete competitividade ata o final. O duelo ferrolán entre Meirás e Cedeira saldouse con vitoria para os primeiros (1-0). Ao cuarto de hora de encontro, Artai fixo o primeiro para a ledicia da bancada […] - [Así é un partido fóra para un equipo galego de Segunda RFEF](https://futbolingalicia.es/2025/09/28/ud-ourense/): Acompañamos á UD Ourense na súa viaxe a Salamanca - [Víctor Vilariño, SD Tordoia: «Levaba anos sen desfrutar tanto no campo»](https://futbolingalicia.es/2025/09/27/entrevista-victor-vilarino-tordoia/): A SD Tordoia asinou unha das grandes actuacións da xornada na Primeira Galicia cun 4-0 ao Fisterra no que o protagonista foi Víctor Vilariño. O dianteiro tordoiés transformouse en goleador e logrou un hat-trick que fixo estalar de ledicia á afección local. Con tres anos xa no equipo da súa vila, Vilariño vive un dos mellores momentos da súa carreira: recuperou confianza, atópase nun gran nivel físico e mental e móstrase ambicioso nun Tordoia que aspira a competir entre os mellores da categoría. Na entrevista, repasa a súa traxectoria, lembra as etapas en Noia e Dubra e amosa a ilusión […] - [Os pichichis do fútbol galego no inicio da temporada](https://futbolingalicia.es/2025/09/26/os-pichichis-no-inicio-da-temporada/): Unha selección dos xogadores que máis tantos anotaron nas primerias semanas de competición no fútbol galego - [Chuvia de goles no inicio da Primeira Galega Arzúa-Ulloa DOP](https://futbolingalicia.es/2025/09/25/chuvia-de-goles-no-inicio-da-primeira-galega-arzua-ulloa-dop/): Repasamos a primeira xornada da Primeira Galega - [Madriles (SCD Milagrosa): "A Federación foi acomodando todo ao que querían sempre Pontevedra e Coruña"](https://futbolingalicia.es/2025/09/24/madriles-scd-milagrosa-a-federacion-foi-acomodando-todo-ao-que-querian-sempre-pontevedra-e-coruna/): Madriles é o director deportivo e adestrador do sénior da Milagrosa, que tivo un periplo curto por Vigo tras unha rara decisión da Federación - [Vota polo teu favorito entre os Diferenciais da xornada 3 da Primeira](https://futbolingalicia.es/2025/09/24/vota-polo-teu-favorito-entre-os-diferenciais-da-xornada-3-da-primeira/): A sección 'Os Diferenciais' publícase os luns e os martes - [A loita continúa na Primeira Futgal cos Diferenciais marcando o ritmo (Parte 2)](https://futbolingalicia.es/2025/09/23/a-loita-continua-na-primeira-futgal-cos-diferenciais-marcando-o-ritmo-parte-2/): Continuamos co repaso das mellores actuacións dos Diferenciais. Quenda para os outros tres grupos da Primeira Futgal, que deron moito de que falar ao longo da fin de semana. Sen máis preámbulos, aquí vai esta segunda parte do máis destacado da xornada. Ao axexo do líder A pesar de que o Velle é o único equipo invicto en terras ourensás, os do Monte da Aira non deben confiarse. Son varios os perseguidores que axexan á procura do liderado. Xa carbura o Sporting Carballiño. O equipo da Uceira derrotou no seu feudo ao Brollón por un gol a cero. Tras un […] - [A loita continúa na Primeira Futgal cos Diferenciais marcando o ritmo](https://futbolingalicia.es/2025/09/22/a-loita-continua-na-primeira-futgal-cos-diferenciais-marcando-o-ritmo/): A piques de pechar setembro, está claro que a Primeira Futgal aínda non está decidida. Máis competida que nunca, a máxima categoría do fútbol provincial pecha unha nova xornada chea de marcadores tolos e onde Os Diferenciais se alzaron como grandes protagonistas. Goles para marcar a diferenza O grupo coruñés deixou goles a moreas nunha fin de semana na que os atacantes firmaron grandes actuacións. Tras o tropezo do Oza Xuvenil, o Cedeira fíxose co liderado da competición ao gañar con contundencia ao Relámpago (6-1). Gabi Balbás abriu a lata aos 8 minutos dun encontro que os branquinegros dominaron en […] - [Jonatan Fila, UD Carral: «A satisfacción de poder ascender co Carral non a vou atopar noutros sitios»](https://futbolingalicia.es/2025/09/20/entrevista-jonatan-fila-ud-carral/): O Carral comezou a tempada con paso firme e pleno de vitorias. Dous partidos, dous triunfos e seis puntos que colocan ao conxunto nun inicio esperanzador de cara a un curso no que as aspiracións son altas. Un dos protagonistas deste arranque é Jonatan Fila, que decidiu os encontros con tres goles, demostrando que segue sendo unha das referencias ofensivas da categoría. Non é a primeira vez que o nome do Carral soa con forza. Nos últimos anos o club estivo ás portas do ascenso en varias ocasións e mesmo xogou unha final de Copa da Coruña en Riazor, fitos […] - [O máis destacado das primeiras xornadas na Terceira RFEF](https://futbolingalicia.es/2025/09/19/o-mais-destacado-das-primeiras-xornadas-na-terceira-rfef/): A SD Compostela confirma a súa condición de favorito con pleno de vitorias neste arranque de tempada na Terceira RFEF. Non é o único conxunto que sorrí. O Montañeros, ascendido desde Preferente, tamén suma seis puntos en dúas xornadas e deixa claro que chegou para competir. Igual que o Alondras, que deu un golpe de autoridade ao impoñerse na Magdalena ao Villalbés. Precisamente, no lado oposto atópase o Rácing Villalbés, que non remata de arrincar. As dúbidas do final da campaña pasada repítense neste inicio, aínda que os da Terra Chá confían en reverter a dinámica para poder aspirar ao […] - [Rectificación: os grupos da Terceira Feminina volven a modificarse en setembro](https://futbolingalicia.es/2025/09/18/rectificacion-os-grupos-da-terceira-feminina-volven-a-modificarse-en-setembro/): Rectificamos os grupos de Terceira para a 25-26 - [Os Vintage: Alex Grueiro Prieto](https://futbolingalicia.es/2025/09/17/os-vintage-alex-grueiro-prieto/): Alex Grueiro Prieto pasou pola base de Racing de Ferrol e Deportivo. En sénior xogou en As Pontes, O Val, Galicia Mugardos e Cultural Maniños - [Vota polo teu favorito entre os Diferenciais da xornada 2 da Primeira](https://futbolingalicia.es/2025/09/17/bardelas/): A sección 'Os Diferenciais' publícase os luns e os martes - [Os equipos galegos collen forma grazas aos Diferenciais da Primeira Futgal (Parte 2)](https://futbolingalicia.es/2025/09/16/os-equipos-galegos-collen-forma-grazas-aos-diferenciais-da-primeira-futgal-parte-2/): Os equipos da Primeira Futgal continúan coa súa posta en marcha nesta segunda xornada de competición. Tras repasar a actualidade futbolística ao norte da nosa comunidade, agora é a quenda do sur onde houbo varias actuacións destacadas. Guerreiros á defensa do Monte da Aira Sorpresas, goleadas e moito fútbol. A xornada en terras ourensás debuxa unha táboa clasificatoria na que a igualdade é máxima. Iso si, o liderado do grupo 4 pertence a un Velle que suma a súa segunda vitoria tras endosarlle ao La Purísima un 4-0. Dominaban os do Monte da Aira desde os primeiros minutos, chegando ao […] - [Os equipos galegos collen forma grazas aos Diferenciais da Primeira Futgal](https://futbolingalicia.es/2025/09/15/os-equipos-galegos-collen-forma-grazas-aos-diferenciais-da-primeira-futgal/): Os conxuntos da Primeira Futgal continúan coa súa posta en marcha nesta segunda xornada de competición. Futbolin Galicia non falla á cita de cada luns e recolle as actuacións máis destacadas da fin de semana nos campos galegos. Xa están aquí os Diferenciais dos grupos 1, 2 e 3. As ‘quenllas’ morden con saña No grupo coruñés xa se perfilan os ‘galos de pelexa’ da categoría, que contou de novo cun domingo onde os goles foron os grandes protagonistas: Nos Pinares non pasaron da igualada e Perlío e Sporting Cambre conformáronse cun único punto tras empatar a dous tantos. Comezaron […] - [João Teixeira debuta co Barbadás tras a súa aventura internacional](https://futbolingalicia.es/2025/09/14/teixeira/): Foi convocado con Andorra para medirse a Inglaterra e Estonia - [Adri Campos, Tomiño FC: «Defender o escudo do equipo do meu pobo é unha honra»](https://futbolingalicia.es/2025/09/13/entrevista-adri-campos-tomino/): Adri Campos comezou a tempada asinando unha actuación para o recordo: un hat-trick na vitoria do Tomiño fronte ao Racing Castrelos, nun dos campos máis esixentes da categoría. Nunha entrevista concedida tras o encontro, Campos amosouse satisfeito tanto polo rendemento colectivo coma polo seu inicio de liga a nivel individual. O tomiñés, que ten moi clara a importancia da permanencia, non agocha que volver levar ao seu equipo á Preferente sería un soño persoal. Futbolingalicia: Esta fin de semana arrincou a Primeira Futgal e, por encima de todo, destacou a túa actuación fronte ao Racing Castrelos cun hat-trick para gañar […] - [A quenda dos 164 equipos da Segunda Futgal](https://futbolingalicia.es/2025/09/12/a-quenda-dos-164-equipos-da-segunda-futgal/): Comeza a Segunda esta fin de semana en toda Galicia. 164 equipos equipos afeccionados competirán distribuídos en dez grupos. - [A Terceira Feminina, a liga que percorre toda Galicia](https://futbolingalicia.es/2025/09/11/a-terceira-feminina-a-liga-que-percorre-toda-galicia/): Analizamos os grupos da Terceira Galega para a 25-26 - [Os Vintage: Luis Aquilino "Luisón" Carreira Fernández](https://futbolingalicia.es/2025/09/10/os-vintage-luis-aquilino-carreira-fernandez/): Luisón é un dos culpables de que as nosas categorías sénior conten cunha gran saúde no día de hoxe. Militou en Milagrosa, onde adestra na base, e Outeiro - [ENQUISA | Vota polos teus favoritos entre Os Diferenciais da xornada 1](https://futbolingalicia.es/2025/09/10/enquisa1/): A sección 'Os Diferenciais' publícase os luns e os martes - [Volve o fútbol e regresan os Diferenciais da Primeira Futgal (Parte 2)](https://futbolingalicia.es/2025/09/09/volve-o-futbol-e-regresan-os-diferenciais-da-primeira-futgal-parte-2/): Chega unha segunda entrega dos Diferenciais da Primeira Futgal. Velaquí un repaso da xornada nos grupos 4, 5 e 6 da competición, onde os goles e o bo fútbol tamén se fixeron notar. Xa roda o balón na competida división ourensá. Sen un claro favorito ao ascenso e con varios equipos co obxectivo de salvar a categoría, a intensidade manterase de seguro ata as últimas datas. Un líder a destacar nas terras dos afiadores O Brollón regresa á Primeira Futgal e a súa presenza non pasará desapercibida neste grupo 4 no que compite como único representante do fútbol lucense. O […] - [Volve o fútbol e regresan os Diferenciais da Primeira Futgal](https://futbolingalicia.es/2025/09/08/volve-o-futbol-e-regresan-os-diferenciais-da-primeira-futgal/): Comeza a temporada na Primeira Futgal e volven os Diferenciais cun repaso dos partidos máis destacados dos grupos 1, 2 e 3 desta categoría na primeira xornada. Chuvia de goles nos campos de Ferrol e a Coruña No grupo 1 os goles foron abundantes neste inicio de curso. A puntería dos equipos coruñeses quedou probada en dúas notorias goleadas. Con autoridade e sen miramentos. O Eume Deportivo arrasou co Perlío ao que venceu por un resultado de 5-1. O acerto desde a pena máxima, anotando ata tres veces, permitiu que os locais se levaran os tres puntos neste comezo de […] - [FutbolinGalicia comeza a temporada con novidades](https://futbolingalicia.es/2025/09/07/futbolingalicia-novidades/): A sección 'Os Diferenciais' publicarase os luns e os martes - [Onde ver en directo os partidos da Preferente Futgal?](https://futbolingalicia.es/2025/09/07/tiivii/): tiivii.gal emite boa parte dos encontros da primeira xornada - [Rematou a espera: volve o fútbol galego cun menú moi interesante](https://futbolingalicia.es/2025/09/06/previa-2526/): A Terceira RFEF e a Preferente Norte xa teñen partidos este sábado - [Toni (Celta Barreiros): "Teño unha obsesión con gañar a Copa Deputación xa que perdín tres finais case consecutivas xogando para o Xermade"](https://futbolingalicia.es/2025/09/05/19002/): Moitos anos xogando por toda a xeografía lucense fan que Toni teña unha gran cantidade de anécdotas e vivencias a salientar - [Novidades na Segunda Galicia Feminina de cara a nova tempada](https://futbolingalicia.es/2025/09/04/novidades-na-segunda-galicia-feminina-de-cara-a-nova-tempada/): Analizamos os grupos da Segunda Galega para a 25-26 - [Estes son os posibles rivais da SD Negreira na rolda previa da Copa do Rei](https://futbolingalicia.es/2025/09/03/estes-son-os-posibles-rivais-do-negreira/): A SD Negreira, campioa da Supercopa de Galicia, representará ao fútbol galego na rolda previa da Copa do Rei 2025/26, unha eliminatoria que este ano se xogará como novidade a dobre partido, os días domingo 28 de setembro (ida) e domingo 5 de outubro (volta). O conxunto dirixido por Adrián Vázquez xa coñece o abanico de posibles adversarios que lle pode tocar no sorteo. O rival do Negreira sairá dun listado de cinco equipos: Betis CF Valladolid (Castela e León), SD Textil Escudo (Cantabria), CD Getxo (País Vasco), CCD Alberite (A Rioxa) e un dos catro semifinalistas da Copa Asturfútbol, […] - [As Laxes, campo do Beluso, o máis votado na enquista da Preferente Sur](https://futbolingalicia.es/2025/09/02/as-laxes/): A enquisa con máis participación das últimas semanas - [Así chegan os equipos da Terceira RFEF ao comezo de liga](https://futbolingalicia.es/2025/09/01/asi-chegan-os-equipos-da-terceira-rfef-ao-comezo-de-liga/): A Terceira RFEF comeza o vindeiro domingo. Os conxuntos galegos desputaron esta fin de semana os últimos partidos de preparación. - [O Negreira conquista a Supercopa Galicia](https://futbolingalicia.es/2025/08/31/o-negreira-conquista-a-supercopa-galicia/): O Negreira gaña a Supercopa Galicia e está a piques de ter a oportunidade de xogar contra un Primeira División na Copa do Rei - [Os amigables e torneos darán paso ás competicións oficiais](https://futbolingalicia.es/2025/08/30/ultimos-amigables-e-torneos-antes-do-inicio-das-competicions/): Os amigables e torneos darán paso ás competicións oficiais, que arrincan a vindeira fin de semana en toda a nosa xeografía - [Último Diario dun Mercado do verán na Terceira RFEF](https://futbolingalicia.es/2025/08/29/ultimo-diario-dun-mercado-do-veran-na-terceira/): A SD Compostela incorpora a Adri Armental, que vén de xogar Conference League. O Lugo B firma a unha decena de xogadores - [Novo movemento do CD Lugo co fútbol feminino](https://futbolingalicia.es/2025/08/28/novo-movemento-do-cd-lugo-co-futbol-feminino/): Convenio entre o Lugo e o Comercial - [Andrés Castrín, pioneiro en Lugo: o primeiro xogador do século XXI da provincia en debutar en Primeira](https://futbolingalicia.es/2025/08/27/andres-castrin-pioneiro-en-lugo/): O fútbol lucense xa pode presumir dun novo fito histórico grazas a Andrés Castrín, defensa natural de Riotorto, que neste inicio de liga debutou coa camiseta do Sevilla FC na Primeira División. Castrín convértese así no primeiro futbolista da provincia de Lugo nacido no século XXI en xogar na máxima categoría, un paso de enorme valor para un xogador que medrou no fútbol da Mariña antes de dar o salto a un dos clubs máis importantes de España. O zagueiro galego foi chamado por Matías Almeyda e respondeu con seguridade nas dúas primeiras xornadas, onde disputou os noventa minutos. A […] - [O Conco, campo do Dumbría, o máis votado na enquista da Preferente Norte](https://futbolingalicia.es/2025/08/26/conco-dumbria/): Recibiu máis dunha terceira parte dos votos emitidos - [Os descartes da Sarriana volven reforzar ao Pol de Preferente Norte](https://futbolingalicia.es/2025/08/25/sarriana-pol/): A pasada tempada o conxunto de Pol xa pescara na Sarriana varios futbolistas - [O Ourense CF gaña a Copa Federación; Negreira e Cultural Areas empatan na ida pola Supercopa Galicia](https://futbolingalicia.es/2025/08/24/o-ourense-cf-gana-a-copa-federacion-negreira-e-cultural-areas-empatan-na-ida-pola-supercopa-galicia/): O Ourense lévase a Copa Federación nos penaltis ante o Arosa, mentres que Cultural Areas a Negreira empatan na ida da Supercopa - [Aarón Figueiredo (Cultural Areas): "O obxectivo máis próximo é gañar a Supercopa Galicia"](https://futbolingalicia.es/2025/08/23/aaron-figueiredo-cultural-areas/): O obxectivo máis próximo de Aarón Figueiredo e do CD Cultural Areas é alzarse coa ansiada Supercopa Galicia - [A Segunda Futgal volve ter 10 grupos e estes son os seus calendarios](https://futbolingalicia.es/2025/08/22/segunda-futgal/): A liga regular rematará o 17 de maio e o play-off xogarase entre o 31 de maio e o 21 de xuño - [Decididos os finalistas da Copa RFEF galega](https://futbolingalicia.es/2025/08/21/decididos-finalistas-copa-rfef/): Xa están definidos os dous equipos que pelexarán pola fase autonómica da Copa RFEF. O Arosa SC e o Ourense CF selaron este mércores o seu pase á gran final despois de superar as semifinais con dous guións ben distintos: sufrimento ata o último instante en Vilagarcía e eficacia fulgurante en Oira. Esta fin de semana, na Lomba ás 19.00 horas, ambos medirán forzas por un título que, ademais do prestixio, outorga praza na fase estatal do torneo. O Arosa impón a súa pegada no derbi conxeleiro Na Lomba, o Arosa fixo valer o seu maior oficio ante un Boiro […] - [Xa coñecemos o calendario da Terceira Federación 2025/26](https://futbolingalicia.es/2025/08/20/calendario-terceira-federacion-2025-26/): Calendario Terceira Federación - [Os incendios da provincia de Ourense tamén afectan ao fútbol](https://futbolingalicia.es/2025/08/19/incendios-ourense/): O Verín non puido acudir ao Memorial Xurxo Bouzo polos lumes - [Negreira e Cultural Areas, finalistas da Supercopa Galicia](https://futbolingalicia.es/2025/08/17/negreira-y-%e2%9d%93%e2%9d%93%e2%9d%93-finalistas-de-la-supercopa-galicia/): Negreira e Cultural Areas son os finalistas da Supercopa Galicia tras impoñerse nas semifinais a Velle e Chantada - [Brais Prieto (Lalín): "Falar de ascenso a estas alturas sería equivocarse"](https://futbolingalicia.es/2025/08/16/brais-prieto-lalin/): Brais Prieto vive unha nova etapa na súa carreira tras deixar a Sarriana, coa que ascendeu a Segunda RFEF, e fichar no Lalín - [O Atlético Villalonga no mapa da Copa da Raíña](https://futbolingalicia.es/2025/08/14/o-atletico-villalonga-no-mapa-da-copa-da-raina/): Copa da Raíña 2025 - [Estes serán os semifinalistas da Copa RFEF galega 2025](https://futbolingalicia.es/2025/08/13/semifinalistas-copa-rfef/): A fase galega da Copa RFEF viviu este mércores uns cuartos de final cargados de intensidade, nos que tres das catro eliminatorias se decidiron na tanda de penaltis. A emoción estivo garantida e o cadro de semifinais combina favoritos con equipos dispostos a dar a campanada. Na Lomba, o Arosa deu a sorpresa ao eliminar ao Coruxo, conxunto dunha categoría superior. O 0-0 dos noventa minutos levou a unha tanda pouco habitual, resolta no sexto lanzamento co erro do porteiro visitante Esteban, que asumiu a responsabilidade e fallou. Os arlequinados marcaron por medio de Pacheco, Iñaki, Seijo, Álex Rey e […] - [Estes son os campos da Terceira RFEF favoritos dos nosos lectores](https://futbolingalicia.es/2025/08/12/enquisa-campos3/): O Vero Boquete foi o máis votado polos lectores de FutbolinGalicia - [Os adestradores da 25/26 na Terceira RFEF (I)](https://futbolingalicia.es/2025/08/11/adestradores-terceira-rfef-i/): As caras visibles dos equipos galegos da Terceira RFEF. Esta semana, SD Compostela, Estradense, Rácing Villalbés e Noia - [Edgar Redondo (Arosa): "Como rival sempre me gustou xogar contra o Arosa e como local ten que ser o dobre de mellor"](https://futbolingalicia.es/2025/08/10/edgar-redondo-arosa/): Falamos con Edgar Redondo, central con experiencia na categoría e que acaba de chegar ao Arosa procedente do RC Villalbés - [Brais Álvarez (Sporting Celanova): "Conseguimos por fin ese ascenso que o club levaba tanto tempo buscando"](https://futbolingalicia.es/2025/08/09/brais-alvarez-sporting-celanova/): Brais chegou ao Sporting Celanova o pasado verán e nesta campaña logrou o ascenso a Preferente co equipo de San Rosendo - [Os equipos da Preferente xa están en marcha: así vai a pretemporada](https://futbolingalicia.es/2025/08/08/preferente-pretemporada/): Algúns xa comezaron cos amigables e outros farano esta fin de semana - [Diario dun mercado Segunda RFEF. Episodio 3.](https://futbolingalicia.es/2025/08/07/diario-dun-mercado-segunda-rfef-episodio-3/): Analizamos o mercado de 2ª RFEF - [Publicados os calendarios da Primeira Futgal](https://futbolingalicia.es/2025/08/06/calendarios-primeira-futgal/): A Real Federación Galega de Fútbol fixo públicos os calendarios oficiais da Primeira Futgal para a tempada 2025/26, categoría na que competirán un total de 108 equipos repartidos en seis grupos de 18 equipos cada un. A competición dará comezo a fin de semana do 6 e 7 de setembro, marcando así o inicio dunha nova tempada cargada de emoción e loita polos obxectivos. A liga regular desenvolverase ata o 17 de maio, data na que quedarán decididas as prazas de ascenso e descenso. O primeiro clasificado de cada grupo logrará o ascenso directo, mentres que os segundos e terceiros […] - [Os cracks da Terceira galega xa teñen (case todos) destino](https://futbolingalicia.es/2025/08/04/os-cracks-da-terceira-galega-xa-tenen-case-todos-destino/): Xa avanzado o verán, situamos onde xogarán algúns dos xogadores máis destacados da Terceira galega no curso pasado - [Álex Sánchez (Sofán): "Lalín, Sigüeiro, Negreira e San Tirso son candidatos aos postos altos"](https://futbolingalicia.es/2025/08/03/alex-sanchez-sofan/): No que foi o seu debut en Preferente, Álex Sánchez foi moi importante nun Sofán que rematou quinto a fase regular e xogou a fase de ascenso - [Héctor Méndez (Villalonga): "Sabiamos antes de empezar que sería unha tempada complicada"](https://futbolingalicia.es/2025/08/02/hector-mendez-villalonga/): Héctor Méndez é un dos capitáns dun Villalonga no que cumprirá a súa 10ª tempada no primeiro equipo, co que vén de xogar en 3ª RFEF na 24-25 - [Diario dun Mercado na Terceira RFEF (IV)](https://futbolingalicia.es/2025/08/01/diario-dun-mercado-na-terceira-rfef-iv/): Repaso semanal aos movementos que deixa o mercado nos equipos da Terceira RFEF nunha nova edición do Diario dun Mercado - [A EFF Rosalía sela un acordo internacional co Boavista FC en favor do fútbol feminino](https://futbolingalicia.es/2025/07/31/a-eff-rosalia-sela-un-acordo-internacional-co-boavista-fc-en-favor-do-futbol-feminino/): Analizamos o acordo entre o Rosalía e o Boavista - [Os 36 equipos da Preferente Futgal xa coñecen o calendario](https://futbolingalicia.es/2025/07/30/calendario-pref/): A liga dará comezo o 7 de setembro - [Onde están agora... os convocados pola selección galega sub 16 en novembro de 2015?](https://futbolingalicia.es/2025/07/29/onde-estan-agora-os-convocados-pola-seleccion-galega-sub-16-en-novembro-de-2015/): No outono de 2015, a selección galega sub-16 reunía unha xeración cunha presenza destacada nas canteiras máis potentes do panorama autonómico. Celta e Deportivo monopolizaban os focos, pero tamén destacaban talentos emerxentes en equipos como o Galicia de Caranza, o Val Miñor ou o Bertamiráns. Algúns chegaron á elite e outros fixeron camiño no fútbol modesto, mais todos forman parte da memoria dunha xeración prometedora. Repasamos, con detalle, o destino de cada un daqueles rapaces que vestiron a camiseta galega hai xa case unha década. Porteiros Ignacio Pego (FC Alisontia Steinsel): Formado no Celta, completou a súa etapa base no […] - [Cal é o mellor campo do grupo galego da Terceira RFEF 2025/26?](https://futbolingalicia.es/2025/07/28/campos3/): Vota no formulario e escolle o teu campo favorito - [Brais López 'Toro' (CD Marte): "Penso que o rival a batir será o Galicia Mugardos"](https://futbolingalicia.es/2025/07/27/brais-lopez-toro-cd-marte-foi-unha-boa-tempada-tendo-en-conta-que-era-a-primeira-campana-do-equipo-na-primeira-futgal/): Falamos con Brais López 'Toro', un dos piares do CD Marte durante a súa primeira tempada na 1ª Futgal - [Roberto Carracelas (Domaio): "Quitando Alertanavia, Tyde, Gondomar e Guardés, no resto houbo moita igualdade"](https://futbolingalicia.es/2025/07/26/roberto-carracelas-domaio/): Roberto Carracelas, goleador contrastado e peza importante na salvación do Domaio, fala con nós sobre a pasada e próxima tempada - [Cadros de xogadores moi avanzados nos equipos da Preferente Norte](https://futbolingalicia.es/2025/07/25/mercadopn/): Movementos no Lalín, Pol, Dubra, Órdenes, O Val, Victoria e Ribeira - [A nova cara da Primeira División Galega Feminina: así queda a categoría para a 2025/26](https://futbolingalicia.es/2025/07/24/a-nova-cara-da-primeira-division-galega-feminina-asi-queda-a-categoria-para-a-2025-26/): Repasamos os equipos que xogarán en Primeira na 25/26 - [O fútbol galego ponse en marcha cos primeiros partidos](https://futbolingalicia.es/2025/07/23/o-futbol-galego-ponse-en-marcha/): O balón volve rodar nos campos galegos. A pretempada 2025/2026 arranca xa para a maior parte dos equipos galegos, tanto nas categorías profesionais como no fútbol semiprofesional e afeccionado. As primeiras sesións físicas, os partidos de preparación e as probas tácticas marcan o inicio dun novo curso no que todos os conxuntos buscarán mellorar o rendemento da campaña anterior. O RC Celta foi o equipo galego máis madrugador en iniciar a súa preparación. O conxunto celeste, xa en dinámica de traballo desde hai semanas, leva disputados tres encontros amigables, marcando un ritmo alto nesta primeira fase da tempada. Claudio Giráldez […] - [Definida a folla de ruta da Terceira RFEF para a nova temporada](https://futbolingalicia.es/2025/07/22/calendario/): Este martes tivo lugar o sorteo do calendario en presenza dos equipos - [Diario dun Mercado na Terceira RFEF (III)](https://futbolingalicia.es/2025/07/21/diario-dun-mercado-na-terceira-rfef-iii/): Repaso semanal aos movementos que deixa o mercado nos equipos da Terceira RFEF nunha nova edición do Diario dun Mercado - [Pablo Martínez (A Peroxa): "Gustaríame chegar á última xornada e estar loitando polos play-offs"](https://futbolingalicia.es/2025/07/20/18492/): Pablo Martínez, que superou a decena de goles este curso, acaba de renovar co A Peroxa. Espera pelexar polos play-offs na 25-26 - [Máis do 40% dos equipos galegos cambiaron de adestrador este verán](https://futbolingalicia.es/2025/07/19/adestradores/): Repaso dende o fútbol profesional ata a Preferente - [O Marín deseña un proxecto galáctico na Primeira Futgal](https://futbolingalicia.es/2025/07/18/marin/): Churre chega dende Segunda RFEF ao Marín - [O Domaio é novo equipo de Terceira RFEF](https://futbolingalicia.es/2025/07/17/o-domaio-e-novo-equipo-de-terceira-rfef/): Analizamos o ascenso do Domaio a Terceira - [A rolda previa da Copa do Rei condicionará dúas xornadas de Preferente e de dous grupos de Primeira](https://futbolingalicia.es/2025/07/16/a-rolda-previa-da-copa-do-rei-condicionara-calendarios/): O calendario do fútbol afeccionado galego chega con pequenas modificacións de cara á tempada 2025/2026, e unha das máis destacadas afecta directamente ás categorías de Preferente Galicia e a dous grupos de Primeira Galicia, concretamente ao grupo lucense e ao grupo ourensán. A rolda previa da Copa do Rei, que este ano se disputará como novidade a dobre partido (ida e volta), obrigará a reaxustar dúas xornadas de liga para o equipo que represente a Galicia na competición. A eliminatoria disputarase os domingos 28 de setembro (ida) e 5 de outubro (volta), polo que o equipo galego participante xogarase o […] - [Os Vintage: Joaquín Rico](https://futbolingalicia.es/2025/07/15/18445/): O gran currículo do Joaquín Rico futbolista: Racing de Ferrol, Lugo, Xove, Cerceda, Somozas, Narón Balompé e Betanzos. Agora adestra ao Val - [Diario dun Mercado na Terceira RFEF (II)](https://futbolingalicia.es/2025/07/14/diario-dun-mercado-na-terceira-rfef-ii/): A falta de dúas semanas para que comecen os adestramentos na Terceira RFEF, velaquí os movementos dos últimos días nunha nova edición do Diario dun Mercado: Os ascendidos Imaxe de portada: Arosa SC - [Denis López (San Tirso): "Hai seis ou sete equipos que podemos pelexar pola promoción e polo ascenso directo"](https://futbolingalicia.es/2025/07/13/18419/): Denis López é unha das pezas máis importantes dun San Tirso que fixo a mellor tempada da súa historia, chegando a xogar a Copa do Rei - [Luis Rincón (Alondras): "Compos e Arosa son os rivais a batir"](https://futbolingalicia.es/2025/07/12/luis-alondras/): Luis Rincón Fontán regresa ao Morrazo para vestir a camisola do Alondras. A tempada pasada ascendeu coa UD Ourense a Segunda RFEF - [As últimas novidades no Diario dun Mercado da Preferente Sur](https://futbolingalicia.es/2025/07/11/mercado-ps/): A liga comezará o 7 de setembro - [Cando o crecemento non abonda: inestabilidade no fútbol feminino galego](https://futbolingalicia.es/2025/07/10/cando-o-crecemento-non-abonda-inestabilidade-no-futbol-feminino-galego/): Facemos análise da pouca solidez dos proxectos de fútbol feminino - [Copa Federación e Supercopa Galicia condicionan a pretemporada de 16 equipos](https://futbolingalicia.es/2025/07/09/copa-rfef/): Os cambios afectan a Terceira RFEF e Preferente Futgal - [Estes serán os grupos de Primeira Futgal na tempada 25/26](https://futbolingalicia.es/2025/07/08/estes-poderian-ser-grupos-primeira-galicia/): A tempada 2025/2026 vai collendo forma nas categorías do fútbol afeccionado galego, e unha das propostas analizadas na reunión celebrada recentemente en Santiago de Compostela xa comeza a xerar debate entre os clubs. A posibilidade de reconfiguración dos grupos de Primeira Galicia (Primeira Futgal) traería algunhas novidades se finalmente se aproba este modelo. Na imaxe proxectada durante a reunión —que non é definitiva pero si unha das opcións con máis forza sobre a mesa— pode verse unha distribución que busca, en teoría, criterios de proximidade e equilibrio competitivo. Porén, hai casos que xa levantaron comentarios e que o farán durante […] - [Diario dun Mercado na Terceira RFEF: os equipos van collendo forma](https://futbolingalicia.es/2025/07/07/diario-dun-mercado-na-terceira-rfef-os-equipos-van-collendo-forma/): A competición ligueira arrincará a fin de semana do 7 de setembro e rematará, oito meses despois, a fin de semana do 10 de maio. - [Luis Gonzalo (CJ Cambados): "Nunca vivín nada parecido á celebración do ascenso"](https://futbolingalicia.es/2025/07/06/o-cj-cambados-disfrutara-da-terceira-tras-27-anos/): Gonzalo Fariña, xogador do CJ Cambados, comparte as súas impresións tras un histórico ascenso a Terceira RFEF co equipo do seu pobo ## Pages - [Política de cookies](https://futbolingalicia.es/politica-de-cookies/): [cmplz-document type=»cookie-statement» region=»eu»] - [Aviso Legal](https://futbolingalicia.es/aviso-legal/): LEY DE LOS SERVICIOS DE LA SOCIEDAD DE LA INFORMACIÓN (LSSI) Futbolingalicia, responsable del sitio web, en adelante RESPONSABLE, pone a disposición de los usuarios el presente documento, con el que pretende dar cumplimiento a las obligaciones dispuestas en la Ley 34/2002, de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y del Comercio Electrónico (LSSICE), así como informar a todos los usuarios del sitio web respecto a cuáles son las condiciones de uso. Toda persona que acceda a este sitio web asume el papel de usuario, comprometiéndose a la observancia y cumplimiento riguroso de las disposiciones […] - [Inicio](https://futbolingalicia.es/): #Categorías RFEF #Preferente #Preferente Galicia Norte #Preferente Galicia Sur #Primeira Galicia #Terceira RFEF O terceiro tempo. Episodio 27 Redacción Abr 06, 2025 Redacción Abr 05, 2025 O descenso na Primeira Futgal Leer más Redacción Abr 04, 2025 O Lalín confía en Hugo García para reforzar as opcións de play-off Leer más Carla Vizoso Abr 03, 2025 O Antas na loita polo título e polo ascenso directo: «Permitímonos soñar» Leer más Ángel Martínez Abr 02, 2025 Álex Fernández, Verín CF: «Este é o camiño para conseguir a permanencia» Leer más Últimas noticias 01 Primeira Galicia Os Diferenciais da Primeira Futgal co […] - [Política de privacidad](https://futbolingalicia.es/politica-privacidad/): Responsable – ¿quién es el responsable del tratamiento de los datos? Identidad: FutbolingaliciaDomicilio social: Chantada (27500)DNI: G27497163Teléfono: 662567847Correo Electrónico: diegopolc8@gmail.comContacto: DiegoNombre del dominio: https://futbolingalicia.esFinalidades – ¿con qué finalidades tratamos tus datos? En cumplimiento de lo dispuesto en el Reglamento Europeo 2016/679 General de Protección de Datos, te informamos de que trataremos los datos que nos facilitas para: Gestionar la contratación de servicios que realice a través de la Plataforma, así como la facturación y entrega correspondiente. Remitir periódicamente comunicaciones sobre servicios, eventos y noticias relacionadas con las actividades desarrolladas por Futbolingalicia, por cualquier medio (teléfono, correo postal o email), salvo […] - [Blog](https://futbolingalicia.es/blog/) - [Contacto](https://futbolingalicia.es/contacto/): MagezixBlog Mail address megazix.info@gmail.com+998757478492 Office Location 4517 Washington Ave. Manchester, Kentucky 39495 Phone Number +405 – 555 – 0128 – 34+405 – 555 – 0128 – 63 Connect Us megazix.info@gmail.commegazix.support@gmail.com Let our investment management team We have covered many special events such as fireworks, fairs, parades, races, walks, awards ceremonies, experience the healing warmth of the ever-present sunshine,” says Ian Kerr, managing director. The white- beaches and tropical foliage in the heart of Negril is designed to provide a truly serene, intimate, and fashion shows, sport events, and even a memorial service Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. […] [comment]: # (Generated by Hostinger Tools Plugin)